Menú Principal
Bienvenido
Escola Atletismo
Contador
Esta páxina hoxe ...
Total: 3
única: 1
Esta páxina sempre ...
Total: 4193
única: 899
Web ...
Total: 110360
única: 19567
Total: 3
única: 1
Esta páxina sempre ...
Total: 4193
única: 899
Web ...
Total: 110360
única: 19567
En liña
Fotos aleatorias
Latest Forum Posts
Enviado por m-@-X-ique paso con el marcos
17-Oct 22:50
Enviado por NikoOKS!!
16-Oct 14:41
Enviado por EusEn la página web de la delegación.
16-Oct 01:24
Enviado por NikoOnde se poden ver os resultados do memorial???
15-Oct 15:10
Enviado por EusYa aparecen los resultados corregidos siendo ofici[more ...]
05-Oct 12:15
Enviado por gandyLa priera norma que tiene que saber un buen entren[more ...]
30-Sep 00:18
Enviado por trespesPois si e así, voa xestion do director tecnico, fe[more ...]
30-Sep 00:16
Enviado por gandysin duda vota a pablo,esto tiene que quedar claro [more ...]
30-Sep 00:13
Enviado por EusGracias a las gestiones realizadas por el Delegado[more ...]
29-Sep 23:53
Enviado por javierNo sabría decir qué foto es más expresiva, jajaja.
27-Sep 22:48
Eventos
| No events |
Próximos eventos
Eventos non próximos
Canal Youtube
Patrocinador
Institucións colaboradoras
Empresas colaboradoras
Normativa
NORMATIVA CLUB SAN FERNANDO LUCUS CAIXA RURAL GALEGA
XENERALIDADES.
- Os novos atletas adquirirán o chándal do club mediante abono do seu importe. Recoméndase a súa utilización nas competicións que o atleta represente ó club.
- Recórdase a obrigatoriedade que teñen os atletas do club, sen excepción, de empregar camiseta e pantalón oficiais do club en tódalas competicións, tanto oficiais como populares, nas que se inscribiron como atletas do mesmo, así como nas cerimonias de entrega de premios.
- No caso de ATLETAS NON VETERANOS, as inscricións para competir efectuaranse a través do club nos impresos oficiais dispostos ao efecto polo responsable de inscricións e coa conformidade do adestrador respectivo (sen os devanditos requisitos, non se efectuará inscrición ningunha nin se aboarán gastos de viaxe).
- Para os ATLETAS VETERANOS, as inscricións en Campeonatos Oficiais de Galicia e de España, tramitaranse a través do club, para o que poderán remitir as súas inscricións mediante fax ou correo electrónico.
- GASTOS DE DESPRAZAMENTO. Créase unha Comisión Técnica formada por tres membros: presidente, director técnico e un vocal. A Xunta Directiva delega na citada comisión as decisións vinculadas a desprazamentos, autorización de gastos, dietas, casos particulares, excepcións e, en xeral, todo o relacionado co presente apartado. Establécense como criterios básicos:
- O club non pagará ningún tipo de inscrición para ningunha proba.
- A formalización da inscrición para un campeonato de España de atletas que non dispoñan de marca mínima requerirá un estudo previo da Comisión Técnica.
- Os atletas poderán solicitar dietas por manutención e desprazamentos, naquelas competicións expresamente sinaladas pola Xunta Directiva, unha vez publicado o calendario oficial de competicións.
- Establécense as seguintes dietas:
- Dietas de manutención (con factura e xustificante)
- Almorzo: 3€
- Xantar ou cea: 15€
- Desprazamento dentro da Comunidade Autónoma de Galicia: 0'15 €/km
- Requírese o visto e prace previo da Comisión Técnica coa finalidade de coordinar desprazamentos con atletas que asistan á mesma competición.
- Desprazamentos fóra de Galicia: 0,15€/km
- As solicitudes de dietas por desprazamento serán previamente estudadas pola Comisión Técnica. Estas dietas inclúen tódolos gastos orixinados polo mesmo
- Dietas de manutención (con factura e xustificante)
- Cando o club programe un desprazamento de forma conxunta, non se pagarán viaxes en coche particular, salvo casos excepcionais debidamente xustificados con anterioridade.
- Os atletas poderán solicitar ó club o modelo de “impreso de xustificación de gastos” que deberá ser cuberto por toda persoa que pretenda o reembolso de gastos por parte do club. O impreso deberá ser remitido ao club sempre dentro dos quince días seguintes á celebración da competición. Os xustificantes que deberán acompañar este impreso (facturas ou similar) deberán ser presentados a nome do club. Poñerase a disposición dos atletas o modelo impreso na páxina web do club: sflucus.blogdns.com
- Os atletas veteranos non terán dereito a dietas.
- Faise especial fincapé na obrigatoriedade, salvo causa moi xustificada, que teñen os atletas de participar nas competicións que o club considere de especial importancia ou relevancia.
DOCUMENTACIÓN A APORTAR POLOS NOVOS ATLETAS.
- Copia do DNI do atleta e, no caso de ser menor de idade, aportarase ademais copia do DNI do seu pai, nai, titor ou representante legal.
- 1 fotografía tamaño carnet.
- Ficha de datos persoais.
Prégase encarecidamente préstese a máxima atención a estas normas, quedando a Xunta Directiva a disposición dos interesados para calquera aclaración.

















