Menú Principal
Bienvenido
Escola Atletismo
Contador
Esta páxina hoxe ...
Total: 3
única: 1
Esta páxina sempre ...
Total: 4193
única: 899
Web ...
Total: 110360
única: 19567
Total: 3
única: 1
Esta páxina sempre ...
Total: 4193
única: 899
Web ...
Total: 110360
única: 19567
En liña
Fotos aleatorias
Latest Forum Posts
Enviado por m-@-X-ique paso con el marcos
17-Oct 22:50
Enviado por NikoOKS!!
16-Oct 14:41
Enviado por EusEn la página web de la delegación.
16-Oct 01:24
Enviado por NikoOnde se poden ver os resultados do memorial???
15-Oct 15:10
Enviado por EusYa aparecen los resultados corregidos siendo ofici[more ...]
05-Oct 12:15
Enviado por gandyLa priera norma que tiene que saber un buen entren[more ...]
30-Sep 00:18
Enviado por trespesPois si e así, voa xestion do director tecnico, fe[more ...]
30-Sep 00:16
Enviado por gandysin duda vota a pablo,esto tiene que quedar claro [more ...]
30-Sep 00:13
Enviado por EusGracias a las gestiones realizadas por el Delegado[more ...]
29-Sep 23:53
Enviado por javierNo sabría decir qué foto es más expresiva, jajaja.
27-Sep 22:48
Eventos
| No events |
Próximos eventos
Eventos non próximos
Canal Youtube
Patrocinador
Institucións colaboradoras
Empresas colaboradoras
Becas Castro-Parga
BASES DA CONVOCATORIA
CAPÍTULO I.- OBXECTO-PERMISOS E SOLICITUDES.
Castro Parga S.L., empresa de decoración dende hai 60 anos e un referente no mercado galego da pintura e os revestimentos, comprométese na tempada 2007-2008 co atletismo a través da creación de bolsas.
ARTIGO 1º.
1.1.- O obxecto da presente convocatoria é a regulación para a concesión de Bolsas a deportistas con licencia no S.F. Lucus que ó longo da presente tempada destaquen pola súa participación e éxitos deportivos.
1.2.- As bolsas otórganse con cargo á concesión da empresa Castro Parga S.L. cun importe total de 1500 € en forma de vales de material deportivo.
1.2.- As bolsas otórganse con cargo á concesión da empresa Castro Parga S.L. cun importe total de 1500 € en forma de vales de material deportivo.
ARTIGO 2º. CONDICIÓNS DA SOLICITUDE
Poderán solicitar bolsas todos aqueles deportistas que cumpran as seguintes condicións:
2.1.- Ser deportista con licencia atlética no S.F. Lucus.
2.2.- Ter realizado actividade deportiva durante a temporada 2007-08 co clube.
2.1.- Ser deportista con licencia atlética no S.F. Lucus.
2.2.- Ter realizado actividade deportiva durante a temporada 2007-08 co clube.
ARTIGO 3º. FINALIDADE
A finalidade das Bolsas é axudar nos gastos de adquisición de material deportivo.
ARTIGO 4º. DOCUMENTACIÓN A PRESENTAR
Os interesados presentarán, dende o 15 de outubro de 2008 ata o 15 de novembro, os documentos que a continuación se relacionan:
4.1.- FOLLA DE SOLICITUDE e currículo deportivo, segundo modelo que consta nos Anexos I e II, debidamente cumplimentados.
4.2.- Fotocopia do D.N.I.
4.1.- FOLLA DE SOLICITUDE e currículo deportivo, segundo modelo que consta nos Anexos I e II, debidamente cumplimentados.
4.2.- Fotocopia do D.N.I.
CAPÍTULO II.- REGRAS DE PROCEDEMENTO
PRIMERA FASE.- INICIACIÓN.
ARTIGO 5º. PUBLICACIÓN DA CONVOCATORIA
A convocatoria da beca, así como as demáis publicacións previstas nestas bases, realizaránse no tablón de anuncios do Clube S.F. Lucus sito nas Pistas Gregorio Pérez Rivera e na páxina web oficial do Clube, www.sflucus.org, así como nun diario de difusión local.
ARTIGO 6º. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES
As solicitudes presentaránse na sede social do Clube, sita nas Pistas Gregorio Pérez Rivera, R. Filarmónica Lucense, nº3, Lugo, de luns a venres, excepto festivos, e en horario de 19 a 20h.
SEGUNDA FASE.- INSTRUCCIÓN.
ARTIGO 7º. EXAME DAS SOLICITUDES E SELECCIÓN DOS BENEFICIARIOS.
Recibidas as solicitudes, o equipo de comisión de bolsas formada polo presidente e dous vocais do Lucus máis un representante da Empresa Castro Parga e un representante do Excmo. Concello de Lugo avaliará as mesmas, para o que recabará os informes e datos que considere oportunos. A continuación, a comisión de bolsas emitirá un informe que conteña a relación de beneficiarios das mesmas coa cuantía correspondente a cada un deles.
ARTIGO 8º. TRÁMITE DE AUDIENCIA.
Efectuada a publicación das bolsas no taboleiro e web oficial, os interesados, no prazo de 10 días naturais, poderán alegar e presentar os documentos e xustificacións que estimen pertinentes. Se antes do vencemento do prazo os interesados non presentan alegacións nin aportan novos documentos ou xustificacións, darase por finalizado o proceso.
TERCERA FASE.- RESOLUCIÓN.
ARTIGO 9º. ADXUDICACIÓN DAS BECAS.
Informadas as reclamacións, confeccionarase a relación definitiva de beneficiarios, que se someterá á aprobación pola comisión de bolsas. Unha vez aprobadas, a relación definitiva de beneficiarios notificarase o acordo ós interesados.
CAPÍTULO III.- OBRIGACIÓNS DO BENEFICIARIO E ABONO DAS BOLSAS.
ARTIGO 11º. OBRIGACIÓNS DO BENEFICIARIO.
Son obrigacións do beneficiario :
a) No caso de que o beneficiario se dese de baixa ou cambiase de club na tempada seguinte non terá dereito a bolsa.
c) O beneficiario/a da tempada 2007-2008 non poderá acceder ás bolsas na tempada seguinte.

ARTIGO 12º. ABONO.
As bolsas concedidas faranse efectivas polo clube a modo de vale polo valor que corresponda.
CAPÍTULO IV.- CONTROL DAS BOLSAS.
ARTIGO 12º. ANULACIÓN.
Procederase á anulación da beca nos seguintes supostos:
a) Obter a Bolsa tendo falseado ou alterado os datos que se solicitan e que non correspondan á realidade, así como o incumprimento das obligacións e requisitos establecidos con carácter xeral as presentes bases.
c) Incumprimento das condicións impostas con motivo da concesión.
d) A negativa ou obstrucción ás actuacións de control previstas nestas bases.

CAPÍTULO V.- VALORACIÓN, BAREMACIÓN, NIVEIS E DISTRIBUCIÓN.
ARTIGO 14º.
14.1.-VALORACIÓN.
A valoración realizaráse, sobre aqueles resultados que o deportista obteña durante a presente tempada 2007-2008.
14.2.- BAREMOS.
O criterio para valorar as solicitudes consistirá en avaliar a actuación dos deportistas según marca e competición:
A) Deportista internacionais convocados pola súa Federación.
A-1: Participantes en Olimpiadas e Campionatos do Mundo que requiran mínima recoñecida pola IAAF (ata 40 puntos según posto e marca).
A-2: Participantes en Campionatos de Europa ou Xogos Mediterráneos (ata 35 puntos según posto e marca).
A-3: Participantes en Paraolimpidas (ata 20 puntos según posto e marca).
A-4: Deportistas internacionais (ata 15 puntos).
B) Participantes en Campionatos Absolutos de España e nacionais.
B-1: Campións de España Absolutos (20 puntos).
B-2: Segundo e terceiro clasificado en Campionatos de España Absolutos (19 e 18 puntos).
B-3: Finalista (4º-8º clasificado en Campionatos de España Absolutos) (16 puntos).
B- 4: Participantes ou con mínima en Campionatos de España Absolutos (15 puntos).
B-5: Campións de España (14 puntos)
B-6: Segundo e terceiro clasificado en Campionatos de España (13 puntos).
B-7: Finalista (4º-8º clasificado en Campionatos de España) (12 puntos)
B-8: Participantes ou con mínima en Campionatos de España (11 punto).
C) Participantes en Campionatos Absolutos de Galicia ou autonómicos.
C-1: Campións Absolutos de Galicia (10 puntos)
C-2: Segundo e terceiro clasificado no Campionato Absoluto Galego (9 e 8 puntos).
C.3. Finalista (4º-8º clasificado no Campionato Absoluto de Galicia) (7 puntos).
C.4. Participante no Campionato Absoluto de Galicia (6 puntos).
C-5: Campións de Galicia (5 puntos).
C-6 Segundo e terceiro clasificado no Campionato de Galicia (4 puntos).
C.7. Finalista (4º-8º clasificado no Campionatos de Galicia (3 puntos).
C.8. Participante no Campionato de Galicia (2 puntos).
C.9. Campión provincial, segundo e terceiro clasificado no Campionato provincial (1 punto).
D) Puntos adicionais se se establece calquer Récord autonómico, nacional ou internacional (3, 5 e 10 puntos respectivamente).
Notas:
-Considérase só unha marca por proba e competición.
-No caso de Récords en probas de relevos darase a mesma puntuación a tódolos membros do equipo.
-Non se inclúen as probas non recoñecidas pola IAAF.
-En caso de empate procederase da seguinte maneira:
-Darase máis valor á proba de máis nivel ou ó posto.
-Se persiste o empate valorarase a antigüedade no clube.
-Se persiste o empate farase por sorteo.
-En caso de quedar desertas algunhas das becas repartirase entre as anteriores.
14.4.-DISTRIBUCIÓN DAS BOLSAS.
Estableceranse bolsas polo seguinte valor sen distinción de categoría:
1. Unha beca de 300€ en vales de material deportivo para aquel/a atleta coa mellor puntuación.
2. Dúas becas de 250€ en vales de material deportivo para aqueles/as atletas coa segunda e terceira mellor puntuación.
3. Dúas becas de 200€ en vales de material deportivo para aqueles/as atletas coa cuarta e quinta mellor puntuación.
4. Tres becas de 100€ en vales de material deportivo para aqueles/as atletas coas sexta, sétima e oitava mellor puntuación.

CAPÍTULO VI.- ANEXOS.
Anexo I). Datos do solicitante.
Nome e Apelidos:______________________________________
Enderezo:____________________________________________
C.P._______
Localidade:___________________________ Teléfono:_______________ D.N.I.___________________
Club:_____________________________________________
Actividade:___________________________________________
Enderezo:___________________________________________
C.P.:____________________
Localidade________________________________
Anexo II) Datos de competición da tempada 2007-2008.
Nome e Apelidos:
Especialidade:________________
Lugar e data de Nacemento :
Categoría:
NOME COMPLETO DA COMPETICIÓN CATEGORÍA ESPECIALIDADE LUGAR E DATA.
POSTO