Menú Principal
Bienvenido
Usuario:

Contraseña:


Recordarme

[ ]
[ ]
[ ]
Non hai eventos este mes.

LMMXVSD






1
2345678
9101112131415
16171819202122
23242526272829
30





Escola Atletismo
Apúntate XA!
Curso 2009/2010

escolares-2008-150pix.jpg
Contador
Esta páxina hoxe ...
Total: 3
única: 1

Esta páxina sempre ...
Total: 4193
única: 899

Web ...
Total: 110360
única: 19567
En liña
Invitados: 6
Membros: 0
Nesta páxina: 1
Membros: 81, Último: Chan
Fotos aleatorias
Latest Forum Posts
Enviado por m-@-X-i
que paso con el marcos
17-Oct 22:50

Enviado por Niko
OKS!!
16-Oct 14:41

Enviado por Eus
En la página web de la delegación.
16-Oct 01:24

Enviado por Niko
Onde se poden ver os resultados do memorial???
15-Oct 15:10

Enviado por Eus
Ya aparecen los resultados corregidos siendo ofici[more ...]
05-Oct 12:15

Enviado por gandy
La priera norma que tiene que saber un buen entren[more ...]
30-Sep 00:18

Enviado por trespes
Pois si e así, voa xestion do director tecnico, fe[more ...]
30-Sep 00:16

Enviado por gandy
sin duda vota a pablo,esto tiene que quedar claro [more ...]
30-Sep 00:13

Enviado por Eus
Gracias a las gestiones realizadas por el Delegado[more ...]
29-Sep 23:53

Enviado por javier
No sabría decir qué foto es más expresiva, jajaja.
27-Sep 22:48

Eventos
No events
Próximos eventos
Eventos non próximos
Canal Youtube
canal_youtube.jpg
Patrocinador
logocaixa.jpg
Institucións colaboradoras
concelleriadeportes.jpg

fundaciondeportegalego.jpg

ins_deportes.jpg
Empresas colaboradoras
Aislamientos Lugo S.L.

Promociones Asvigal

col_castro-parga.jpg

ENOR

Halcourier

Optica De la Torre

Ramos y Loures

Suguimar

col_lacaixa.jpg

miguelsport-small.jpg
Historia

HISTORIA DO CLUB



CREACIÓN


O Club Lucus Decathlón créase o dezasete de xullo de 1984, ante o Notario Don Mario-Alfonso Calvo Alonso, do Colexio de A Coruña, con residencia en Lugo, como consta na "Acta Fundacional de Constitución dunha Sociedade Deportiva", o fin exclusivo da cal é fomentar e practicar actividades físicas e deportivas sen ánimo de lucro.

Neste primeiro momento de vida do Club a Xunta Fundacional era a seguinte:

Presidente: D. Jesús de la Torre Cruz
Vicepresidente: D. Mario Gromaz Mazoy
Secretario: D. Faustino Carballal López
Tesoureiro: D. Antonio Puente García
Vocais: D. Daniel Aguilar González
D. Manuel Salgado Ferreiro
Director Técnico: D. Fidel Vázquez Miguelez

O primeiro patrocinador do Club foi o Banco Simeón.

HISTORIA


O Club Lucus Decathlón fúndase o dezasete de Xullo de 1984.

O 21 de Decembro de 1987 prodúcese unha asemblea xeneral extraordinaria do Club, na cal a Xunta Fundacional presenta a súa dimisión con carácter irrevogable, realizándose á súa vez a presentación da primeira Xunta Directiva, co relevo na presidencia. D. Jesús de la Torre Cruz por D. Manuel Teijeiro Valledor. A nova Xunta Directiva estaba formada polos seguintes membros:

Presidente: D. Manuel Teijeiro Valledor
Vicepresidente: D. Carlos Campo Andión
Secretario: D. Javier Feijoo Suárez
Tesoureiro: D. Juan J. Tejedor Mata
Vocais: D. Daniel Aguilar González
D. Ángel Calle Mañas
D. Manuel Núñez Torrón
D. Antonio Taboada Cancelo
D. José M. Pardo Penelo
Medios de comunicación: D. Quique Iglesias Casas
Representante de atletas: D. José M. Pérez Arias
Director Técnico: D. Fidel Vázquez Miguelez

Ademais do cambio de Xunta Directiva, produciríase o cambio de patrocinador, pasando a selo a Caixa Rural de Lugo, o apoio do cal segue nestes días. Despois deste cambio de Directiva, téñense producido pequenas modificacións nos compoñentes da mesma.

O 18 de Febreiro de 1998, o domicilio social do club pasa a estar situado na Rúa Río Sil 37-39, entr. coa Xunta Directiva composta nese momento por:

Presidente: D. Manuel Teijeiro Valledor
Secretario: D. Juan J. Tejedor Mata
Tesoureiro: D. Javier Feijo Suárez
Vocal, Delegado: D. Jesús González Margaride
Vocal, Prensa: D. Daniel Aguilar Morán

coa Xunta Directiva formada polos membros:

Presidente: D. Manuel Teijeiro Valledor
Secretario: D. Juan J. Tejedor Mata
Tesoureiro: D. Javier Feijo Suárez
Delegado: D. Eustorgio Martín Teijeiro
Vocal: D. Daniel Aguilar Morán

Prodúcese un cambio no nome do club. En homenaxe ó primeiro club de atletismo de Lugo, este pasa a chamarse San Fernando Lucus Caixa Rural Galega.

Esta xunta, coa incorporación de Adolfo Vila Feijoo como Director Técnico, seguiría ata Xaneiro de 2007, momento en que o presidente, nunha asemblea extraordinaria, dimite e convoca eleccións, nas que é elixido presidente José Manuel Traseira Meilán, que nomea a seguinte e actual Xunta Directiva:

Presidente: D. José Manuel Traseira Meilán
Secretario: D. José Manuel Merino López
Tesoureiro: D. Xosé Xabier Díaz Fernández
Director técnico: D. Adolfo Vila Feijoo
Vocais: D. Alberto Campo Díaz
Dña. Iria María Neira Fraga
D. Germán Alonso Barreiro
D. José Pablo Franco López
D. Raúl Rodríguez Viña

No ano 2006 o club toma a decisión de participar activamente na formación desde o deporte escolar coa creación da Escola de Atletismo do Lucus, que na actualidade reúne a mais de trinta nenos e nenas de tódalas idades.

PATROCINADORES


O primeiro patrocinador do club foi o Banco Simeón.

Posteriormente foi a empresa lucense Hijos de Castro Parga, S.L y Castro Parga, S.L..

O 3 de Febreiro de 1989, reúnense Don Arcadio López Lens, Director Xeral da Caixa Rural de Lugo, e Don Manuel Teijeiro Valledor, Presidente do Club Lucus Decathlón para a realización do contrato de esponsorización e patrocinio que faría a Caixa Rural de Lugo.

Este acordo vense renovando ano tras ano e neste momento, despois de dezaoito anos, segue sendo o noso patrocinador principal.


logocaixa.jpg