Menú Principal
Eventos este mes: 5

LMMJVSD


125
67891012
131415161719
20212223242526
2728293031

Escola Atletismo
Apúntate XA!
Curso 2009/2010

escolares-2008-150pix.jpg
Bienvenido
Contador
Esta página hoy ...
Total: 4
única: 4

Esta página siempre ...
Total: 28230
única: 14980

Sitio ...
Total: 97757
única: 16496
En linea
Invitados: 2
Miembros: 0
En esta página: 1
Miembros: 80, Último: gaby andersen
Fotos aleatorias
Latest Forum Posts
Enviado por Eus
Aquí os dejo el salto grabado por Maxi.
01-Jul 00:07

Enviado por Eus
Gracias Niko por el aporte.
30-Jun 00:24

Enviado por Niko
Aqui os dejo la información de lo que parece que v[more ...]
29-Jun 23:48

Enviado por Eus
Alicia, si no me fallan las cuentas, finalmente es[more ...]
22-Jun 10:36

Enviado por Eus
Paula 7ª en la altura con 1.58.Marta no entra en l[more ...]
21-Jun 03:04

Enviado por Eus
Ultimas noticias.Miriam pasa las eliminatorias del[more ...]
20-Jun 19:01

Enviado por m-@-X-i
correcto todo conclusion quede 5 en el 100 con mej[more ...]
15-Jun 23:56

Enviado por Eus
Enhorabuena a Paula.Pues Maxi en el 200 según la w[more ...]
15-Jun 16:58

Enviado por PAIVARINTA
e un lapsus , e que, como din a cancion vinte...(c[more ...]
15-Jun 15:04

Enviado por fores_guai
Tenemos alguna información y notcias de Maxi? como[more ...]
14-Jun 17:05

Próximos eventos
Patrocinador
logocaixa.jpg
Institucións colaboradoras
concelleriadeportes.jpg

fundaciondeportegalego.jpg

ins_deportes.jpg
Empresas colaboradoras
Aislamientos Lugo S.L.

Promociones Asvigal

col_castro-parga.jpg

ENOR

Halcourier

Optica De la Torre

Ramos y Loures

Suguimar

col_lacaixa.jpg

miguelsport-small.jpg
CAMPIONATO GALEGO XUVENIL XUNIOR E PROMESA
Eus, Tuesday, 30-June-2009 00:55:46 // Comentario: 0

O pasado sábado disputábase en Pontevedra o Campionato Galego Xuvenil, Xunior e Promesa onde os atletas do S.F. Lucus Caixa Rural Galega nos amosaban, unha vez máis, unha gran actuación con numerosos éxitos.

Ata 15 veces vimos subir os atletas do clube ao podium nunha magnífica tarde deportiva, repartidos en 3 ouros, 9 pratas e 3 bronces.

2009-paula-170.jpg

Se temos que salientar algo sobre o demáis é a excelente victoria acadada pola atleta xuvenil Paula Ferreiros Fernández que gañaba o salto de altura nun concurso impecable no que melloraba a súa mellor marca persoal de 1,61 e ía ata uns magníficos 1,70 m. Marca que é mínima para disputar o vindeiro Campionato de España Absoluto que se celebrará o vindeiros 1 e 2 de agostoe en Barcelona. Tamén supon unha novo récord provincial da proba que ela mesma poseía. Noraboa!!!.

2009-paula-gallegojuv.jpg

Non acababa ahí a súa actuación, xa que tamén subía ao podium  no segundo escalón na proba dos 200 m.l. (27"13) proba na que a acompañaba Miriam López Vila (27"38) coa medalla de bronce. Ámbas en categoría xuvenil.

2009-maxi-galxuv-pont.jpg

Tamén salientable foi a actuación de Maximiliano Rodriguez Magi, que lograba a victoria nos 100 m.l. promesa (11"33) e a segunda posición nos 200 m.l. (23"16).

María Souto Prieto vencía nos 3.000 m. obstáculos en categoría xuvenil (14'57"54).

Máis medallas de prata nos 800 m.l. promesa, Nicolás Arrojo Fernández (1'59"61); Brais Freire Suárez (9'43"12) nos 3.000 m.l. xuvenil; Borja Traseira Santín (16'57"70) nos 5.000 xuvenil; Miriam López Vila (12"85) nos 100 m.l. xuvenil; Pablo Noche Ferreiro (16'21"01) nos 5.000 m.l. xunior; María Rodríguez Armas (2'33"16) nos 800 m.l. xuvenil e Alicia Merino Pérez nos 100 m.v. (16"34).

E finalmente as medallas de bronce de Jorge Gómez Trashorras nos 400 m.l. xunior (53"48); Alicia Merino Pérez no salto de lonxitude xuvenil (4,71 m).

Noraboa a todos!!

RESULTADOS COMPLETOS OFICIAIS

2009-gallego-xuv-pont.jpg


BO PAPEL DOS VETERANS DO LUCUS NO CPTO GALEGO DE PISTA (O BARCO VALDEORRAS 28 XUÑO 2009
Traseira, Monday, 29-June-2009 16:51:19 // Comentario: 0

Este sábado 28 de xuño celebróuse no Barco de Valdeorras o Campionato Galego de Veteráns en pista nunha tarde calurosa coma sucede case sempre no Barco,e donde o Club Lucus Caixa Rural tivo cunha boa colleita de medallas , con 3 ouros, 1 prata e 2 bronces que foron repartidas do seguinte xeito:

Luis Eduardo García conseguiu dúas medallas de Ouro, ó vencer claramente cunhas boas marcas, na categoría M-35, en 800 ml (2'02") e 1500 ml (4'20"), mentres que a outra medalla de ouro foi para José Angel Liz que gañou o 5000 ml M-50, cun tempo de 17'59", seguido preto de Fernando Porto que foi prata (18'07").

As medallas de bronce foron a cargo de  José Manuel Traseira en 800 ml M-50, cun tempo de 2'18", e de Gerardo Raposo na mesma distancia en M-40, marcando 2'06". Éste último atelta participou tamén no 1.500 ml, onde foi 4º cun tempo de 4'38".

Resaltar finalmente a calidade das marcas obtidas así como a nutrida participación, dentro da boa saúde de  que goza o atletismo veterán. Noraboa a todos e ánimos para seguir competindo. 


CAMPIONATOS FIN DE SEMANA
Eus, Saturday, 27-June-2009 00:03:52 // Comentario: 0

Durante este fin de semana haberá unha gran actividade deportiva.

Mañá sábado celébrase en Pontevedra o Campionato Galego Xuvenil ‚ Xunior e Promesa e ademáis en O Barco de Valdeorras celébrase o Campionato Galego de Veteráns.

O S.F. Lucus estará representado en ámbolos dous Campionatos cun amplo plantel de atletas.

INSCRITOS XUVENIL‚ XUNIOR E PROMESA

INSCRITOS VETERANS

Sorte a tódolos atletas.


CAMPIONATO GALEGO DE MEDIA MARATON (A CORUÑA 20 XUÑO 09)
Traseira, Thursday, 25-June-2009 19:28:22 // Comentario: 0

Celebróuse o pasado domingo 21 de xuño na cidade de A Coruña o Campionato Galego de Media Maraton, nunha mañá moi calurosa que supuxo unha maior dureza si cabe para unha proba tan esixente como esta.

Houbo unha boa representación do Lucus Caixa Rural cuns excelentes resultados.

Así, o noso inefable veteran José Luis Merodio proclamóuse campion galego de media maraton na súa categoría M-55  cun tempo de 1h26'18" ó igual que Fernando Porto que venceu na categoría M-50, marcando 1h 22'36".

Na categoría absoluta Xabi Díaz acadou o 20º posto cun tempo de 1h 17'32", mentres que Rubén Arrojo foi 34º marcando 1h20'23".

Destaca-la participación do veteran José Manuel Espiñeira que tivo que retirarse no km 14 a causa do calor.

Noraboa a todos que sodes un exemplo para os demais atletas.


CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL
Eus, Tuesday, 23-June-2009 12:17:10 // Comentario: 0

O pasado fin de semana celebrábase na localidade granaina de Motril o Campionato de España Xuvenil de pista a o aire libre.

As atletas do S.F. Lucus competiron a un bo nivel estando próximas as súas mellores marcas.

Nos 100 m.l. Miriam López Vila pasaba as eliminatorias cunha marca de 12"96, e facía outra boa marca nas semifinais 13"05 máis non foi suficiente para lograr o pase a final.

Paula Ferreiros Fernández caía eliminada nos 200 m.l. nas eliminatorias cunha marca de 27"66 e na final do salto de altura lograba o 7º posto final cunha boa marca de 1,58 m, nunha proba onde as medallas estaban por riba dos 1,70.

Nos 800 m.l. era Marta Casanova Vázquez a nosa representante, caía nas semifinais cunha boa marca de 2'25"35 ainda así insuficiente para meterse na final (tiña que baixar de 2'19").

E finalmente Alicia Merino Pérez, no Exathlon acadaba o posto final con 3.278 puntos, tendo moi boas actuación parciais, nos 100 m.v. (6ª - 16"27), no salto de altura (3ª con 1,53 m), no lanzamento de peso (5ª con 9,15 m), no salto de lonxitude (6ª con 4,72m), no lanzamento de xabalina (3ª con 29,55 m) e finalmente no 600 m.l. (14ª con 2'01"69).

Noraboa a todas.




CAMPIONATO DE ESPAÑA XUVENIL
Eus, Saturday, 20-June-2009 11:07:17 // Comentario: 0

Durante este fin de semana estase a celebrar o Campionato de España Xuvenil en Motril (Granada).

Neste campionato o S.F. Lucus estará representado por un total de catro atletas.

Miriam López Vila tomará parte nos 100 m.l.

Paula Ferreiros Fernández fará o mesmo no Salto de Altura e nos 200 m.l.

Marta Casanova Vázquez competirá nos 800 m.l.

E finalmente Alicia Merino Pérez participará nas probas combinadas.

Moita sorte a todas!!.


CAMPIONATO EUROPA PARA CEGOS E DEFICIENTES VISUAIS
Eus, Thursday, 18-June-2009 12:21:31 // Comentario: 0

Dende os pasados días 4 de xuño ata o 14, celebrouse na localidad de Rodas (Grecia) o Campionato de Europa para Cegos e Deficientes Visuais.

O S.F. Lucus estaba representado polo seu atleta Maximiliano Rodriguez Magi "Maxi" que lograra a súa clasificación para competir nos 100 m.l. e nos 200 m.l.

maxi-basauri-2008.jpg

A primeira proba na que participou foron os 100 m.l. acadaba o pase da primeira ronda cun excelente rexistro de 11"35 plantándose nas semifinaís onde faría 11"33 e quedaba fora da final (só corren 4 atletas a final). Nos tempos conxuntos acadaba un excelente 5º posto final.

Nos 200 m.l. tamén nas semifinais facían unha excelente marca de 23"06 que permitíalle correr a final onde facía 23"55 e remataba na 6ª plaza.

Dende o clube queremos felicitar o esforzo deste gran atleta. Noraboa Maxi!!!


FIN TEMPADA ESCOLA ATLETISMO
Eus, Monday, 15-June-2009 17:16:27 // Comentario: 0

O vindeiro venres día 19 finalizará a tempada 2008-2009 da escola de atletismo.

Neste día celebraremos unha competición pais/nais e rapaces durante a tarde.

De seguido recolleranse as equipacións en préstamo dos rapaces e finalmente disporemos dun pequeno refrixerio nas mesmas pistas.

A este acto estan combidados todos os pais/nais dos nenos da escola. A competición será a partir das 6:30 da tarde.

Aproveitamos a ocasión para adiantarvos a información da escola para a próxima tempada 2009-2010

INFORMACIÓN TEMPADA 2009-10

IDADES: nados 1997 ata 2004, ambos incluidos.

LUGAR: pistas universitarias “Gregorio Pérez Rivera” e da “Cidade Cultural”

HORARIOS:
MARTES:
-    De 17,15h a 18,15h: nen@s nados no ano 2001 a 2004.
-    De 18,30 a 20 h: nen@s nados entre os anos 2000 e 1997.

VENRES:
-    De 18 a 19h: nen@s nados no ano 2001 a 2004.
-    De 19 a 20,30 h: nen@s nados entre os anos 2000 e 1997.

COMENZO: O venres 11 de setembro nas pistas Gregorio Pérez Rivera.

REMATE: arredor do 15 de xuño de 2010 

CUOTA CURSO: 80 €. (No caso de dous irmáns será de 70 € cadun; tres irmáns, 60€ cadun). A cuota ingresaráse na conta bancaria do CLUB SAN FERNANDO LUCUS, da entidade Caixa Rural Galega nº: 3070-0001-21-1137265623, indicando en CONCEPTO:  escola + apelidos e nome atleta.

Nesta cuota está incluído un seguro de accidentes e tamén se lles proporcionará a equipación de competición en réxime de préstamo.

PARA MÁIS INFORMACIÓN:
   -Adestradores do Lucus, nas pistas “Gregorio Pérez Rivera” (luns a venres de 19 a 21 h)
   Teléfonos: 686252800 (Germán), 645921569 (Traseira), 636862670 (Eus).
-    Web do club: www.sflucus.org
-    Enviando un e-mail ao club: sflucus @ yahoo.es


CRITERIUM GALEGO CATEGORÍAS MENORES
Eus, Friday, 12-June-2009 09:44:26 // Comentario: 0

O pasado sábado celebrouse no Estadio da Xuventud en Pontevedra, o Criterium Galego de Categorías Menores.

Ata alí se desplazaron catro atletas da escola do S.F. Lucus que lograron todos eles subir o podium.

Carmen Cacharron Rodríguez acadaba a victoria nos 80 m.v. nun apretado final cun tempo de 15"34, proba na que Marta Viña Rodríguez acadaba o terceiro posto con 15"91.

Na categoría masculina era Iago Núñez Lugilde o que subía o podium no terceiro posto con 15"10, tamén nos 80 m.v.

Sara Pino Fernández acadaba dous metais, o primeiro no salto de altura con 1,30 sendo 3ª e o segundo metal nos 220 m.v., tamén terceira con 40"31.

Os resultados dos rapaces:

80 m.v.
F3 - Iago Núñez Lugilde - 15"10
F1 - Carmen Cacharron Rodríguez - 15"34
F3 - Marta Viña Rodríguez - 15"91
F4 - Sara Pino Fernández - 16"46

220 m.v.
F5 - Iago Núñez Lugilde - 38"06
F3 - Sara Pino Fernández - 40"31

Altura
F4 - Iago Núñez Lugilde - 1,30 m
F3 - Sara Pino Fernández - 1,30 m
F7 - Carmen Cacharron Rodríguez - 1,25 m

Triple
F5 - Marta Viña Rodríguez - 7,99 m

80 m.l.
S2-6 - Carmen Cacharron Rodríguez - 12"42



CRITERIUM GALEGO CATEGORIAS MENORES
Eus, Friday, 05-June-2009 00:41:24 // Comentario: 0

O vindeiro sábado celébrase no estadio da Xuventud en Pontevedra o Criterium Galego para Categorías Menores.

Os deixamos os enlaces a os atletas inscritos (páxina 26) e horario das probas:

ATLETAS INSCRITOS

HORARIO


Ir a la página       >>